Campionato de España Xunior e Infantil por Comunidades

O CLUBE NATACIÓN ARZÚA LEVA TRES NADADORES COA SELECCIÓN GALEGA Ó CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR E INFANTIL POR CCAA
Iris Sanmiguel, Raúl Segade e Gaspar Andrade convocados coa Selección Galega que participará no Campionato de España Júnior e Infantil por CCAA que se disputa en Oviedo os días 6 e 7 de febreiro.
Iris Sanmiguel é convocada para nadar a proba de 50 m libre na categoría infantil, Raúl Segade foi convocado para nadar as probas de 100 e 200 m costas e a de 200 m estilos na categoría infantil masculino e Gaspar Andrade é convocado para nadar a proba de 1500 m libre na categoría junior. !!! Ánimo ós tres!!!

Ademais, o noso adestrador, Héctor García Soto, tamén foi convocado como un dos entrenadores da Selección Galega. ¡¡¡ Noraboa !!!