Este domingo día 13 os mas veteranos do Clube Natación Arzúa desprázanse ata Lugo para desputar nas piscinas Frigsa, a segunda xornada da Liga Galega de natación Máster.
Para esta ocasión, o equipo arzuán despraza ata a cidade das Murallas a oito nadadoras e catro nadadores que se repartirán as probas do seguinte xeito:
TERESA AMENAL, MARISA GIL, NATALIA SÁNCHEZ E ISOLINA CURROS, que nadarán os 50 libres e os 50 costas.
ANA MARCOS, SANDRA LAVANDEIRA E ANA PETEIRO, que estarán nos 50 libres e nos 200 braza
TERESA MATO, nos 200 braza e nos 100 bolboreta.
MARCELINO ALAMANCOS E MANUEL VILLAR, nos 50 libres e 200 braza
e JOSÉ MANUEL ALAMANCOS E XURXO NIETO, nos 50 libres e 50 costas.
Tamén haberá dobre representación nos relevos 4X50 estilos mixtos.