Este xoves 26, a partires das 13 horas, será presentada no salón de recepcións do Concello de Xixón, a quincuaxésima novena edición do Campionato de España Absoluto de Inverno de Natación que se organiza do 27 ó 29 de novembro na piscina do Clube Natación Santa Olaya.
Para esta ocasión, o Clube Natación Arzúa desprazará á cidade asturiana a dous nadadores:
GASPAR ANDRADE que nadará o vernres pola tarde os 1500 libres, o sábado pola mañá os 400 libres e xa o domingo pola mañá os 800 libres, e XOSÉ RAMÓN REY que estará competindo o venres pola tarde nos 50 braza.
Podedes seguir máis polo miúdo as probas e tempos podes visitala páxina oficial da competición aquí ou velas probas en directo en stream aquí.