Este sábado desputouse na piscina Frigsa de Lugo, a primeira xornada da Liga Galega de Clubes na 2ª división.
En dito grupo están encadrados, ademáis do Clube Natación Arzúa, o local Portamiñá de Lugo, o Clube Náutico de Vigo, o Clube Natación Ponteareas, o A.D. Fogar de Carballo e o Universitario de Santiago de Compostela.
Esta competición estará composta por tres xornadas preliminares que se desputarán ata marzo e cunha cuarta xornada final no mes de abril, na que se decidirán os ascensos, permanencia e descensos.
A primeira xornada veu marcada pola cordialidade entre os nadadores dos seis clubes e por un número inusual de descalificacións, cinco, catro das cales foron ó clube arzuán, a maioría por motivos aínda sen entender.
De tódolos xeitos, a clasificación final foi:
1º Clube Natación Ponteareas
2º Clube Natación Portamiñá de Lugo
3º Clube Náutico de Vigo
4º Clube Natación Arzúa
5º A.D. Fogar de Carballo
6º Universitario de Santiago de Compostela.
A vindeira xornada será o 16 de xaneiro en Carballo.