Travesías a nado

Nas últimas semanas, como ven sendo tradición cada verán, veñen sucedéndose distintas travesías a nado valedeiras para o Circuito Galego de Augas Abertas nas que, últimamente, se están especializando os irmáns Andrade Budiño, nadadores do Clube Natación Arzúa.
Os resultados das recientemente desputadas foron:

XLIV TRAVESÍA DIQUE BARRIÉ DE LA MAZA (A CORUÑA)

Gaspar Andrade (3500) Campión absoluto cun tempo de 47:11
Alfonso Andrade (2300) cuarto da súa categoría.

III TRAVESÍA A NADO CIDADE DE LUGO

Gaspar (4000), Campión Absoluto cunha marca de 45:52.
Alfonso (1500), Campión da súa idade.

3ª ETAPA COPA LEN e DESCENSO A NADO RÍA DE NAVIA

Na etapa da copa LEN (7500 METROS) Gaspar tivo que abandoar cando levaba nadados 5000 metros, debido á baixa temperatura da auga.
Ao día seguinte, na proba do DESCENSO DO NAVIA (5000 metros), acabou no posto 23 dun total de 450 participantes.
Na mesma proba Alfonso foi subcampión da súa categoría no mesmo descenso (1700 metros), só superado por un membro da selección turca.

Podes seguir o transcurso de tódalas probas do Circuito Galego de Augas Abertas na web da fegan.