O pasado sábado celebráronse nas piscinas de Santa Isabel en Santiago, a terceira xornada da Liga Benxamín e a cuarta da Alevín.
Por mor da vaga de gripe, o Clube Natación Arzúa desprazouse coas baixas de Aroa Sanguiao e Iria Alonso en Benxamíns e Rubén Veiga e Andrea Peteiro en Alevíns.
Dese xeito os máis cativos foron cinco:
Carla Carrón que foi primeira tanto en 100 libres como 50 bolboreta
Andrea Rúa que tamén foi a máis rápida en 50 libres
Uxía Vázquez que acabou 7ª nos 100 libres e foi descalificada nos 50 bolboreta
Manuel Alamancos foi segundo en 50 libres, onde Mario Martín Gómez foi 8º
Xa na categoría Alevín:
Nos 100 bolboreta, Álex Martínez foi terceiro e Xián Senín cuarto.
Tendes todos os tempos na sección resultados.