O Clube Marina Ferrol celebra este sábado día 29 o XXXIV Memorial Internacional Juan Varela - XVII Trofeo Concello de Ferrol, na Piscina remodelada da Armada, en Batallones - Ferrol.
Un ano máis o clube da cidade departamental rendirá homenaxe ó xove nadador Juan Varela falecido en 1980 nun tráxico accidente de trafico.
Nesta edición adiantouse a data debido ó apretado do calendario pero esto non foi problema para que esta competición, coma en anos anteriores, conte cun gran numero de nadadores e nadadoras que aproveitarán este evento para intentar acadar as mínimas para o Campionato de España OPEN.
O Clube Natación Arzúa despraza unha nadadora e seis nadadores:
ANTÍA SENÍN que competrirá en 50 braza
DAVID PAMPÍN, en 50 Costas e 50 e 100 Braza
ROMÁN OROIS en 50 e 100 costas
ALFONSO ANDRADE, 100 e 200 braza e 200 estilos
GASPAR ANDRARDE, 200 braza, 200 costas e 200 estilos
MANUEL SEGADE, 100 e 200 bolboreta
e JOSÉ RAMÓN REY, 50 Bolboreta e 50 e 100 braza
Tamén se participará na proba de relevos 4x100 estilos masculino.
Podes ver máis polo miúdo as probas da Competición na web do Clube Marina Ferrol.
