Finalizou o Campionato de España de Natación Xunior e Infantil por Comunidades Autónomas cun meritorio quinto posto final na clasificación total para a Selección Galega. Cunha participación de 15 seleccións e no que Cataluña acadou o primeiro posto, seguida de Madrid, Andalucia e a Comunidade Valenciana.
Na categoría infantil, tamén se conseguiu o quinto posto (4º en feminino e 7º en masculino).
En categoría júnior, acadouse o sexto posto (8º en feminino e 6º en masculino.
No combinado galego participaba o arzuán Gaspar Andrade que acadou os seguintes resultados:
En 1500 libres séptimo, en 100 libres vixésimosegundo, en 100 costas séptimo e nos 400 libres décimo.
Tamén nadou os relevos 4x200 e 4x100 nos que Galicia acadou un 6º e un 7º postos.
Podedes velos resultados máis polo miúdo aquí.
