Galegos infantil e Xunior de inverno

Este pasado fin de semana, viñéronse celebrando nas piscinas Rosario Dueñas de Ourense os Campionatos Galegos de inverno de Natación nas categorías Infantil e Xunior.
Ata a cidade das Burgas, o clube arzuán desprazou unha nadadora, Alba Senín e catro nadadores (David Pampín, Manuel Segade, Gaspar Andrade e Alfonso Andrade) que voltaron con dúas pratas, acadadas por David Pampín en 100 e 200 braza, e o bronce, gañado por Gaspar Andrade en 200 costas.
Do resto de resultados, destacalo cuarto posto de Gaspar en 400 libres e dous quintos postos nos relevos masculinos de 4x200 libres e 4x100 estilos.
Na clasificación xeral masculina, os de Arzúa acabaron en novena posición (de 22), batindo a equipos como Coruña, Santiago, Lugo ou Vigo. O Campión final resultou ser o equipo local do Pabellón de Ourense.
Podes consultalos resultados máis polo miúdo na web do campionato.