Campionatos de España de Inverno Infantil e Xunior

Dende mañá día 27 e ata o domingo día 2, vanse a celebrar, nas piscinas do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra, os Campionatos de España de Inverno de Natación en categoría Infantil e Xunior.
En representación do Clube Natación Arzúa, competirá Gaspar Andrade.
Gaspar participará en dúas probas, saltará á piscina o xoves para desputala proba de 1500 m. libres e o sábado para nadar os 400 m. libres.
Se queredes seguila competición ou velas probas máis polo miúdo, podedes consultala páxina web da Real Federación Española de Natación.