Comunicados da Fegan

Segundo informa a Fegan:
  • Modifícanse as datas do Campionato Galego de Longa Distancia, previsto para o día 25 de Xaneiro, adiantándose ó 11 do mesmo mes pois a data límite de envío de resultados da RFEN para acceder ó Campoinato de España de Longa Distancia finaliza o 14 de xaneiro.
  • No calendario Máster, a data do Festival de Fondo, que estaba previsto para o 23 de febreiro, retásase ó 2 de marzo por coincidir co Campionato de España Máster de inverno.
  • Nas ligas de idades Benxamín, Alevín e Infantil modifícase a limitación de participación nas probas de 400 libres/estilos e 800/1500 libres, pasando a ser esta limitación por número de nadadores por Clube e proba (5 para as probas de 400 e 4 para as de 800 e 1500) no canto de por series. Os motivos son:
    1. A maioría destos nadadores non teñen marca nesas probas, o que fará prácticamente imposible confeccionar as series, determinando qué nadadores entran e qué nadadores quedan fora.
    2. Co sistema de puntuación aplicado esta tempada (puntos FINA igual que a RFEN), puntúan 4 nadadores por Clube e proba, independientemente do posto acadado, polo que se debe asegurar a posibilidade de que tódolos clubes teñan ese número de nadadores en cada proba.
Todos estos datos foron actualizados tanto no calendario lateral coma na sección normativas correspondentes a cada categoría.