Despois da desputa dos Campionatos Galegos que veñen de rematar esta pasada fin de semana, agora tócalle a quenda ós Campionatos de España.
Dende hoxe 12 ata o domingo 14 vanse celebrar nas piscinas do Clube Natación Manresa os primieiros Campionatos de España en categoría Alevín xa que ata o de agora só se desputaban por Comunidades Autónomas.
Polo Clube Natación Arzúa terá a honra de estrear esta competición Raúl Segade que, despois de dominar na nosa comunidade, quere amosar as súas condicións a nivel nacional.
Raúl vai participar en catro probas, hoxe venres en 200 costas e 100 bolboreta e mañá sábado en 400 estilos e 100 costas.
Podedes seguila competición na web oficial.
