Resultados dos Galegos Máster

Este pasado domingo celebráronse os Campionatos Galegos Máster Open de verán nas piscinas de Campolongo en Pontevedra.
Como casi sempre, os nosos "maoires" voltaron cargadiños de medallas xa que todos picaron algo, así:
Cristina Balado colgouse dous ouros en 400 e 100 Libres
Teresa Mato tamén trouxo dous ouros en 50 Bolboreta e 50 Braza 
Manuel Villar un ouro en 50 braza e un cuarto posto en 50 Libre
Ana García unha prata en 50 braza e un bronce en 50 Libres
David Canoura tamén unha prata en 200 braza e un bronce en 50 Braza
Teresa Amenal unha prata en 50 bolboreta
José Manuel Alamancos unha prata en 100 costas e un cuarto posto en 50 Costas
e Daniel Codesido, prata en 50 Libres
Máis información na sección resultados.
Tendes máis fotos no noso facebook.