Resultados XLII Trofeo Pedro Escudero

Oito metais, esa foi a bagaxe coa que voltaron os nadadores arzuáns da súa participación na XLII edición do Trofeo Pedro Escudero que se celebrou este pasado sábado nas piscinas Rosario Dueñas de Ourense.
A baixa por lesión de última hora de Lidia Veiga, reduceu as opcións de medalla a catro nadadores que foron os que se colgaron os dous ouros, catro platas e dous bronces finais.
Óscar Pereiro subeu tres veces ó pódium para recoller unha prata e dous ouros, José Ramón Rey dúas pratas, Román Orois dous bronces e David Pampín outra prata.
Estos resultados, ó igual que moitos dos acadados polos seus compañeiros, teñen máis valor, se cabe, pois estamos a falar dun torneo de categoría absoluta á que só pertencían os xa citados Óscar e Xosé Ramón.
Destacar que se repartiron tamén premios ós mellores nadadores por puntos fina no que Óscar se levou o segundo premio, éste en metálico (foto).
Podes consultalos resultados máis polo miúdo na sección resultados.