XXXIII edición Trofeo Memorial Juan Varela en Ferrol

Este vindeiro sábado día 27, organizado polo Clube Marina Ferrol, vaise celebrar unha edición máis, e xa van pola XXXIII, do Trofeo Memorial Juan Varela de natación nas piscinas de Batallones na Cidade Departamental.
Ahí estarán representados a maioría de clubes galegos e, como non podía ser menos, tamén o CN Arzúa terá a súa representación formada por unha nadadora:
UXÍA OROIS
e oito nadadores:
ROMÁN OROIS
RAÚL SEGADE
JOSÉ RAMÓN REY
ALFONSO ANDRADE
BRAIS SENÍN
GASPAR ANDRADE
DAVID PAMPÍN
e DIEGO CONDE
O equipo masculino tamén participará na proba de relevos 4X100 Estilos.
Podedes consultar as probas máis polo miúdo na sección convocatorias.