Este sábado día 13 vaise celebrar a oitava edición do Trofeo Promesas do Lérez nas piscinas Rías do Sur de Pontevedra.
Por parte do Clube Natación Arzúa foron admitidos:
Alba Senín en 400 libres feminino alevín na que partirá co 4º mellor tempo
Raúl Segade que ten o mellor tempo en 100 bolboreta masculino alevín
Xián Senín co mellor tempo de 50 costas masculino benxamín
Diego Conde tamén co mellor tempo de 200 libres masculino alevín
e Lorena Pereiro co segundo mellor tempo de 200 libres feminino alevín
Máis info na sección convocatorias.