Campionatos Nacionais de Estados Unidos División II.

O noso compañeiro Oscar Pereiro participou esta fin de semana nos Campionatos Nacionais de natación nos Estados Unidos División II.
Pereiro nadou primeiro na final de 50 yardas libres rematando sexto nunha apretadísima proba na que entraron os seis primeiros en menos de un segundo, sendo terceiro Rubén Giménez, outro español compañeiro de equipo de Óscar.
Máis tarde nadaron a final do relevo de 200 yardas estilos, donde o equipo de Bridgeport acadou a medalla de bronce.
Xa na súa proba, Oscar non defraudou e voltou a proclamarse Campión en 100 yardas costas por terceiro ano consecutivo cun tempo de 47:04.
No vídeo podedes vela final na que nadou pola calle 4 cun chamativo bañador vermello.
Por último, Pereiro puxo o seu grao de area para que o seu equipo marcase un novo record nacional de 400 yardas libres nas preliminares cun tempo de 2:56:39, inda que na final empeoraron casi un segundo o que os relegou ó segundo posto definitivo.
Ó final Bridgeport acabou na xeral nunha meritoria sexta praza entre perto de trinta equipos.
Lembrarvos que a finais deste mes teremos a Óscar nadando os Campionatos de España en Pontevedra.
Noraboa Campión !!!