![]() |
| Expedición do CN Arzúa |
Dende o venres e ata o domingo, déronse cita na Cidade das Burgas os mellores nadadores e nadadoras Infantiles e Xunior que hai na comunidade galega coa intención de coroar ós seus novos campións.
Entre os trescentos dezaseis participantes, o CN Arzúa contou con seis infantiles e tres xunior que acadaron a nada despreciable suma de doce medallas, sete bronces, tres pratas e dous ouros.
En infantil, e a pesar de non contar cun valor seguro como é o lesionado Gaspar Andrade que tivo que vela competición dende as bancadas, os nosos rapaces colgáronse os bronces de Manuel Segade en 100 Braza, Román Orois en 200 costas, Uxía Orois en 200 estilos e Alfonso Andrade por partida triple en 200 Braza, 200 Costas e 400 estilos e dúas pratas acadadas polo novo subcampión galego infantil David Pampín en 100 e 200 Braza. Temos que destacar nesta categoría tamén que Román Orois se quedou sen os bronces en 100 costas e 200 estilos por "décimas".
Despois destes resultados ós que hai que sumar os puntos acadados por Raúl Rey e os postos 7º, 8º e 12º dos relevos, o Clube Natación Arzúa acabou nun meritorio 12º posto na xeral por equipos que gañou o Galaico Sercoysa de Pontevedra.
Xa en Xunior, o equipo Arzuán consigueu o décimo posto na xeral feminina, xa que non contaba con nadadores masculinos, gracias ós puntos acadados por Alicia Senín, Raquel Rey e Lidia Veiga, esta última participou en catro probas subindo ó pódium en todas elas cun bronce en 200 costas, unha prata en 50 bolboreta e dous ouros que a proclamaron nova Campiona Galega Xunior en 50 libres e 50 costas.
A xeral feminina acabou dominada polo equipo local o Pabellón de Ourense.
Non só hai que destacala gran cantidade de medallas acadadas, senón que ademáis os nadadores arzuáns voltaron cun montón de marcas mínimas para os vindeiros campionatos de España.
Pódense consultalos resultados máis polo miúdo na web da competición facendo clik aquí.
