Este sábado celebráronse as cuartas xornadas das ligas Benxamín e Alevín de natación nas piscinas "A Fieiteira" de Ribeira.
Despois das baixas de última hora de Alba Senín, Laura Pereiro e Antía Pardo e, o conseguinte relevo 4x100 costas, o equipo Arzuán quedou reducido a tres Benxamíns e tres Alevíns.
En categoría Benxamín Raúl Segade acadou o primeiro posto en 200 bolboreta seguido moi de perto por Diego Conde que acabou segundo, ambos nadadores compartiron o primeiro posto na proba de 100 libre despois dunha chegada moi apretada que os árbitros declararon "empate". Thalía Baleato foi 6ª en 100 bolboreta.
En Alevín, Iago Codesido foi 2º en 50 costas e 6º en 100 bolboreta, Xián Senín foi 3º en 50 bolboreta e Andrea Peteiro acabou 4ª en 100 bolboreta e 8ª en 50 costas.
Podedes consultalas clasificacións, tempos e demais resultados máis polo miúdo na sección resultados.