MEGARELEVO


O CNARZÚA está preparando para o día 5 de xaneiro de 2013 unha xornada festivo-deportiva na que esperan xuntar a 100 nadadoras e nadadores de tódalas idades, cun único requisito: nadar un largo da piscina. 
O obxectivo é facer un relevo de grandes e pequenos coas nadadoras e nadadores do C.N. Arzúa.
Invitamos a todas as persoas que queiran pasar unha xornada divertida a achegarse o día 5 de 11 a 13 horas ás instalacións da piscina municipal climatizada.