Este sábado desputáronse nas piscinas olímpicas de Rías do Sur en Pontevedra, as distintas probas dos Campionatos Galegos de Longa Distancia en piscina.
En representación do Club Natación Arzúa competiron na categoría Infantil Masculino, Brais Senín e Gaspar Andrade.
Despois dos 2000 m. que tiñan que completar, Gaspar acadou o primeiro posto e, con elo, o título de Campión Galego Infantil cun tempo de 22:37:68. Brais rematou nun meritorio decimoterceiro posto gracias ós 24:14:90 nos que parou o crono á súa chegada.
Sinalar tamén, de xeito anecdótico, xa que o clube arzuán só tiña dous nadadores en categoría infantil masculina, que na xeral do Campionato, que inclue tódalas categorías, o CN Arzúa rematou décimo, mentres o gañador foi o local Clube Natación Galaico.
A nivel individual, os vencedores foron:
2000 infantil masculino:
1º Gaspar Andrade Budiño do CN Arzua
2º Saul Astray Gomez do CD Cidade Santiago
3º Oscar Guimerans Otero do CN Galaico
2000 infantil feminino:
1ª Itziar Aranguren Abeigón do CN Galaico
2ª Irene González Eiroa do CN Coruña
3ª Paula Goyanes García do CN Galaico
3000 júnior masculino:
1º Oscar Alonso Gato do CD Cidade Santiago
2º Borja González Rodríguez do CN Pabellón Ourense
3º Lorenzo Ortiz Alonso do ADN Narón
3000 júnior feminino
1ª Maria Vilas Vidal do CN Riveira
2ª María Gallardo de Artaza do C del Mar
3ª Carla Romero Álvarez do CN Galaico
3000 senior masculino
1º Marc Ciurana Roca do CN Pabellón Ourense
2º Cristian Fernández Nieto do CN Galaico
3º Iago Lorenzo Soto do CN Galaico
3000 senior feminino
1ª Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico
2ª Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense
3ª Iria García Pardavila do CN Galaico
Podedes velos resultados máis polo miúdo na web da fegan.