CAMPIONATO GALEGO MÁSTER DE VERÁN EN PONTEAREAS

Os vindeiros días 4 e 5 de xuño, celébrase nas piscinas municipais do complexo deportivo Álvaro Pino de  Ponteareas o CAMPIONATO GALEGO MÁSTER DE VERÁN.
Nesta edición, neste campionato participan un total de 21 clubs de toda Galicia e 283 nadadores. Deles 170 homes e 113 mulleres.
Representando ao Clube Natación Arzúa estarán:
O día 4 en sesión de tarde:
J. Manuel Alamancos Pampín, Marisa Gil Gil e Teresa Amenal que participarán na proba de 50 cotas.
E xa o domingo día 5: 
J. Manuel Alamancos: 100 estilos e 100 cotas.
David Canoura: 50 libres e 100 estilos
Marisa Gil: 50 libres e 100 estilos.
Teresa Amenal: 50 libres e 100 estilos.
Ana Marcos: 50 libres e 100 estilos.
Fátima Gómez: 50 bolboreta e 100 estilos.
Maite Mato: 400 estilos e 50 bolboreta.
Tamén teremos un relevo de 4x50 estilos formado por: J. Manuel Alamancos, David Canoura, Maite Mato e Ana Marcos.