VII Campionato de España de longa distancia

O nadador Gaspar Andrade Budiño mailo adestrador Héctor García vanse desprazar esta fin de semana ata a cidade catalana de Mataró  para participar no VII CTO. ESPAÑA LONGA DISTANCIA en piscina de 50 m.
O sábado día 13 levarase a cabo unha das probas máis esixentes da natación en piscina, na categoría Junior-2, que comprende os anos 1997 e 1998, os participantes terán que afrontar os 5000 m libres. 
Gaspar, bolseiro do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e nadador do Clube Natación Arzúa, do ano 1998, nadará co obxectivo principal de mellorar a súa marca do ano pasado (56:12,08) e acadar a mellor posición posible, tarefa moi difícil polo enorme nivel da natación española junior nesta especialidade.
Podedes seguila competición na súa web oficial.