Campionato de España por Comunidades Autónomas en Oviedo

Este sábado 6 e este domingo 7, vaise celebrar nas piscinas municipais Parque Oeste de Oviedo os Campionatos de España por Comunidades Autónomas nas categorías Infantil e Xunior.
Representando a Galicia estarán once nadadoras e once nadadores.
Entre os seleccionados estarán unha rapaza e dous rapaces do Clube Natación Arzúa
IRIS SANMIGUEL que nadará os 50 e os 100 libres e os 100 costas
RAÚL SEGADE que participará nos 10 e 200 costas e os 200 estilos
e GASPAR ANDRADE que competirá nos 400 e nos 1500 libres.
Tamén teran oportunidade de participar nas probas dos relevos se así o estiman oportuno os adestradores da Selección Galega entre os que estará HÉCTOR GARCÍA, tamén do Clube Natación Arzúa.
Podedes seguila competición na súa web oficial.