X Trofeo Promesas do Lérez

Este sábado día 23 vaise desputar nas piscinas olímpicas do complexo deportivo "Rías do Sur" de Pontevedra, organizado polo Club Natación Galaico, o X Trofeo Promesas do Lérez.
Nesta competición, a máis importante das categorías inferiores en Galicia, participan os nadadores Benxamíns e Alevíns en dúas sesións, unha de mañá donde se desputarán as preliminares dende as 10:30 e outra de tarde na que se nadarán as finais e os relevos dende as 5.
Pola banda do Club Natación Arzúa teremos dez nadadores, cinco nenas:
Andrea Peteiro en 100 libres e 100 braza
Carla Carrón e Aroa Otero en 50 braza
e Andrea Rúa e Iria Alonso en 50 libres
e cinco nenos:
Rubén Veiga en 100 e 200 libres
Álex Martínez en 100 libres e 100 bolboreta
Manuel Alamancos en 50 bolboreta
Xián Senín en 200 e 400 libres
e Mario Gómez en 50 braza.
A expedición arzuana partirá de diante da piscina ás 8:15.
Máis info na súa web oficial.