Fase Final da Liga Galega de Clubes en Riveira

Este sábado 18 de abril vanse desputar as Fases Finais da Liga Galega de Clubes.
Despois dunha fase previa na que o Clube arzuán foi de menos a máis, agora chega a hora da verdade.
Para esta última fase, os clubes quedaron encadrados en grupos de seis equipos, dos que, os dous primeiros ascenderán á primeira división, o terceiro e cuarto estarán o vindeiro ano en segunda e os dous últimos en terceira.
O Clube Natación Arzúa estará no grupo FF2 xunto ó Clube Náutico de Vigo, Natación Rías Baixas, Náutico de Narón, Natación Riveira e Natación Redondela.
A competición desputarase na piscina A Fieiteira de Riveira nunha xornada dividida en dúas sesións, unha de mañá dende as dez e media e outra pola tarde a partir das 5.
Nadarán polo Clube Natación Arzúa vinte rapaces:
ANTÍA VILLAR
LORENA PEREIRO
ELENA PETEIRO
UXÍA OROIS
RAQUEL REY
ALBA SENIN
LIDIA VEIGA
IRIS SANMIGUEL
CRISTINA BALADO
MIREN VICENTE
DAVID PAMPIN
HÉCTOR GARCÍA
RAÚL SEGADE
MANUEL SEGADE
GASPAR ANDRADE
ALFONSO ANDRADE
JOSÉ MANUEL ESTRADAS
BRAIS SENÍN
ROMÁN OROIS
JOSÉ RAMÓN REY 
.