3ª Xornada da Liga Galega en Monforte

Este sábado día 14 a partires das 5 da tarde, vaise desputar nas Piscinas Municipais de Monforte de Lemos a terceira e última xornada da Liga Galega de Clubes Grupo D.
Despois da desputa das dúas primeiras xornadas a clasificación está así:

1º. Clube Natación Rías Baixas  de Vigo - 14,0 Pts. 
2º. Clube Náutico Redondela - 8,5 Pts.
3º. Clube Natación Monforte - 7,0 Pts.
4º. Clube Natación Arzúa - 6,5 Pts.
5º. Universidade de Santiago - 6,0 Pts.
6º. Clube Natación Mos - 2,0 Pts.

Nesta terceira xornada, o clube arzuán estará representado, pendentes das posibles baixas de última hora, por oito nadadoras e nove nadadores, que se repartirán as probas do seguinte xeito:
Lorena Pereiro, que nadará 800 libres e 400 estilos
Diana Cotón, 800 libres e 50 costas
Elena Peteiro, 200 braza
Antía Senín, 200 braza e 50 bolboreta
Uxía Orois, 50 bolboreta
Iris Sanmiguel, 50 costas
Alba Senín, 400 estilos
David Pampín, 200 braza
Manuel Segade, 200 libres e 50 bolboreta
Raúl Segade, 50 costas
Gaspar Andrade, 200 libres e 400 estilos
Alfonso Andrade, 400 estilos
Brais Senín, 50 bolboreta
Román Orois, 50 costas
e Xosé Ramón Rey, 200 braza

Tamén estarán para participar nas probas de relevos 4x50 libres e 4x100 estilos, Raquel Rey e Xosé Manuel Estradas.

A expedición arzuana sairá de fronte á piscina climatizada ás 14:30.