Campionato de España por CCAA Xúnior e Infantil

Cuarto posto final para a Selección Galega en Castellón.
A Selección Galega acadou un magnífico cuarto posto na clasificación total do Campionato de España de Natación por CCAA Xúnior e Infantil, por detrás das sempre favoritas Cataluña, Madrid e Andalucía.
Na categoría infantil Galicia foi cuarta, tanto masculino como en feminino, e na categoría xúnior, séptimo posto masculino e cuarto feminino.
O nadador arzuán Gaspar Andrade aportou ou seu gran de area despois de acadar un oitavo posto nos 1500, un decimosexto nos 200 e un noveno nos 400.
Gaspar tamén sumou coa súa participación no sexto posto do relevo 4X200 e no séptimo dos 4X100.
Podedes ver tódolos resultados na web da competición aquí.