Resultados VI Trofeo Nadador Completo

Este pasado sábado día 6, organizado polo Clube Natación Liceo de A coruña, celebrouse nas piscinas de Riazor da cidade herculina, a VI edición do Trofeo Nadador Completo memorial Dani Castro.
En esta competición participaban nadadores e nadadoras de tódalas categorías que tiñan que nadar unha proba de cada estilo.
Polo que se refire ó Clube Natación Arzúa, tivo representación en tódalas categorías:
En Promesas nadaron Adara Alonso e Vanessa Carracedo,
Adara acadou una 8ª praza en 25 libres, unha 12ª en 25 costas, unha 5ª praza en 25 bolboreta e unha 2ª praza en 25 braza.
Pola súa banda Vanessa foi 12ª en 25 libres, 9ª en 25 costas, 9ª en 25 bolboreta e 10ª en 25 braza
Na categoría Benxamín tivemos como representante a Manuel Alamancos que acadou un 10º posto en 50 libres, un 6º en 50 costas, un 9º en 50 bolboreta e un 6º en 50 braza
En Benxamín competiron:
Aroa Otero que logrou unha 15ª praza na única proba que nadou, 50 libres.
Andrea Rúa que foi 6ª en 50 libres, 5ª en 50 costas, 6ª en 50 bolboreta e 2ª en 50 braza
e Carla Carrón que gañou as probas de 50 libres, 50 costas e 50 braza e foi 2ª en 50 bolboreta
Na categoría Infantil tivemos dous nadadores e unha nadadora:
José Manuel Estradas que foi 14º na única proba que nadou, 100 libres.
Alfonso Andrade que acadou dous segundos postos en 100 costas e 100 braza, un 6º posto en 100 libres e un 12º en 100 bolboreta
e Lorena Pereiro que foi 11ª en 100 libres, 100 costas e 100 bolboreta e 7ª en 100 braza
E por último, na categoría Xunior tivemos a David Pampín que foi 6º en 100 libres e 100 bolboreta, 5º en 100 costas e 1º nos 100 braza
Por clubes, o Arzúa foi 3º en categoría feminina, 6º en masculino e 6º na xeral conxunta.
Por categorías:
En promesas Adara Alonso acabou 7ª e Vanessa Carracido 12ª
En Benxamín Manuel Alamancos foi 9º, Carla Carrón 1ª e Andrea Rúa
En Infantil, Alfonso Andrade foi 3º e Lorena Pereiro 12ª
E en Xunior, David Pampín acabou 5º
Tendes todos os resultados máis polo miúdo na sección resultados.