1ª Xornada da Liga Alevín

Se a fin de semana pasada comezaba a tempada de natación coa desputa da 1ª xornada da Liga Infantil, este sábado tócalle á 1ª xornada da Liga Alevín que arrancará nas piscinas da Fieiteira de Ribeira.
O Clube Arzuán estará representado por unha nadadora:
Andrea Peteiro, que nadará os 100 braza e 200 costas.
E dous nadadores:
Álex Martínez, que estará nos 50 libres e 100 costas
e Iago Codesido, que competirá nos 100 braza e 200 costas.