Campionatos infantiles de verán

Remataron os Campionatos Infantiles de verán que se viñeron desputando esta fin de semana nas piscinas olímpicas Rías do Sur de Pontevedra.
O Club Natación Arzua desprazaraba a só catro nadadores que voltaron para aquí coa nada despreciable cantidade de 10 medallas, un bronce, sete pratas e dous ouros que se repartiron entre todos eles.
Alfonso Andrade foi prata e subcampión galego en 200 costas, bronce nos 200 braza e acadou o quinto posto nos 200 estilos.
Manuel Segade proclamouse dobre subcampión galego coas dúas pratas acadadas en 100 e 200 bolboreta e foi quinto posto nos 100 libres
David Pampín alzouse co título de campión galego en 100 braza e subcampión galego en 200 braza, mentres que acabou 9º nos 50 libres.
E por último Gaspar Andrade que se proclamou campión galego nos 400 libres e dobre subcampión galego en 100 e 200 costas.
Nas probas de relevos tamén picamos medalla e así, os catro nadadores arzuáns se proclamaron, nun final de foto finish subcampións galegos nos 4x100 estilos, tamén foron quintos en 4x100 e 4x200 libres.
Despois de contabilizar tódolos resultados e, a pesar de só desprazar catro nadadores, o Clube Natación Arzúa rematou nun incrible cuarto posto na xeral masculina, moi perto dos terceiros.
Así mismo, sinalar que tamén se acadaron un montón de mínimas para os campionatos de España que se van celebrar en Barcelona do 24 ó 27 deste mes, incluida a primeira mínima en relevos da historia do clube.
Podedes velos resultados máis polo miúdo na web do campionato.