Campionato de España Open de primavera

Dende hoxe xoves día 10 e ata o o vindeiro sábado día 13 vanse desputar nas piscinas Son Hugo de Palma de Mallorca os XV Campionatos de España Open de primavera, clasificatorio para o Campionato de Europa do vindeiro verán en Berlín do 18 ó 24 de agosto.
Danse cita un total de 365 nadadores (191 homes e 174 mulleres), entre eles Mirea Belmonte, Melani Costa, Marina García, Marc Sánchez, Merche Peris, Duane da Rocha, Judit Ignacio, Ales García, Rafa Muñoz, Eduardo Solaeche, os irmáns Ortiz-Cañavate, Carlos Peralta, Melquíades Álvarez,... un elenco de internacionais e plusmarquistas nacionais, destacando a ausencia de Aschwin Wildeboer, Patricia Castro, Sonia Pérez, Guillermo Blanco, Claudia Dasca ou Óscar Pereiro.
O Clube Natación Arzúa estará representado por Gaspar Andrade. Gaspar, a pesar de non ser inda absoluto, codearase co mellorciño da natación nacional hoxe nos 1500 libres e o sábado nos 800.
Podedes seguilos pormenores da competición na súa web, ou en directo polas tardes en Teledeporte.
Ánimo Campeón.