Coma nos últimos anos, o Clube Natación Galaico Sercoysa de Pontevedra, organiza o Trofeo Promesas do Lérez, onde se vai dar cita o mellorciño da natación galega nas categorías máis cativas.
A piscina olímpica Rías Do Sur en Pontevedra albergará este Trofeo en sesións de mañá e tarde coa presenza de 14 clubes galegos e 1 portugués no que concursarán uns 400 nadadores das categorías benxamín e alevín, dos cuales tres nenas e tres nenos representarán ó Clube Natación Arzúa:
LORENA PEREIRO 400 e 200 libres
IRIS SAMINGUEL 100 bolboreta e 100 braza
CARLA CARRÓN 50 braza e 50 libre
ÁLEX MARTINEZ 50 costas e 50 libre
XIÁN SENIN 50 costas e 50 libre
MANUEL ALAMANCOS 50 bolboreta e 50 costas
Podedes ver máis polo miúdo a competición na web do Club Natación Galaico.