Aviso ós socios (Importante)

Atención, este mes, debido a un erro informático de Nova Galicia Banco, foron cargados dúas veces os recibos mensuais do clube.
Despois de desculparse, comunícannos dende a propia entidade, que en vindeiros días procederán á devolución do importe cobrado o día 22 xa que antes teñen que contactar con todas as entidades onde foron cobrados.
Se a alguén lle urxe a devolución dos cartos ou non pode agardar ditos trámites, que dea orde de devolución do cargo no seu banco (faranse cargo eles dos gastos), senón, mellor agardar a que o abonen eles.
Perdoade as molestias e moitas gracias.