Esta pasada fin de semana, viñéronse desputando no Complexo Deportivo Javier Gómez Noya de Ferrol os XLIV Campionatos Galegos Absolutos de inverno.
Para dita cita, o Clube Natación Arzúa desprazou á cidade departamental cinco nadadores: Oscar Pereiro Carril, José Ramón Rey Rodríguez, Gaspar Andrade Budiño, Román Orois Amenal e David Pampín Iglesias.
Oscar marcou dous novos records galegos en 50 costas cun tempo de 24.35 e 100 costas gracias a uns impresionantes 53.46.
Oscar proclamouse Campión Galego, ademáis de nos xa mencionados 50 e 100 costas, en 100 libres; e Subcampión en 100 bolboreta, acumulando así un total 3 medallas de ouro e 1 de prata.
Pola súa parte José Ramón proclamouse Campión Galego en 50 e 100 braza absoluto xoven, subcampión en 50 bolboreta e 50 braza absoluto; e terceiro clasificado en 50 libre e 100 braza absoluto, é dicir, un total 2 ouros, 2 pratas e 2 bronces.
Gaspar (nadador aínda en idade infantil) foi medalla de bronce na proba de 1500 libres.
Nas probas de relevos, destacar o de 4X100 estilos (formado por dous nadadores absolutos (Oscar e Ramón) e dous infantiles (Gaspar e Román) onde remataron sextos dun total de 14 equipos, posto que inda ten máis valor se destacamos que entraron os equipos 4º, 5º e 6º no mesmo segundo, cun tempo de 4.00.45, 4.00.48 e 4.00.73, este último o tempo do relevo de Arzúa.