O Clube Natación Metropole, de Las Palmas de Gran Canaria, acollerá desde hoxe unha nova edición do Campionato de España Absoluto de Verán, que se desenrrolará ata o sábado coa presenza de 288 nadadores de 73 clubes.
Competirán na piscina isleña a maioría dos nadadores que defenderon a España no recente Mundial disputado en Barcelona, como Aschwin Wildeboer, Erika Villaécija, Merche Peris, Juan Miguel Rando, Duane da Rocha, Judit Ignacio ou Patricia Castro.
Neses campionatos tamén teremos ó "noso" campión, o arzuán Óscar Pereiro, que nadará hoxe xoves os 50m. costas na que será, probablemente, a mellor carreira do campeonato en categoria masculina, xa que haberá 7 nadadores por debaixo dos 26 segundos (en piscina de 50 metros)
Ademáis de Óscar, Campión de NCAA División II estarán:
O Campión de NCAA División I, Miguel Gen Ortiz.
O terceiro dos xogos do mediterraneo, Juan Segura.
Os dous semifinalistas mundiais JuanMi Rando e Federico Grabrich.
E, como principal destacado, Aschwin Wildeboer que foi 4º do mundo con un marcon!!
Xa mañá Óscar apurará as súas opcións nos 100 m. costas.
Podedes seguila competición na web da federación española.