Este pasado fin de semana viñeron celebrándose nas instalación do Clube Natación Manresa os primeiros Campionatos de España de natación na categoría Alevín con máis de 700 participantes.
En representación do Clube Natación Arzúa, desprazouse ata a localidade catalana Raúl Segade que desputou catro probas, dúas o venres e as outras dúas o sábado.
Todo comezou mal, xa que na primeira proba, 200 costas, Raúl foi descalificado por unha rigurosísima saída anticipada.
Inda cos nervos a flor de pel polo traspés sufrido na estrea na competición, Raúl fixo un discreto 1:11:57 que só lle sirveu para acabar 19º da xeral.
O sábado, xa con ánimos renovados, Raúl nadaba a primeira hora da mañá a final de 400 estilos na que acadou un incrible 6º posto.
Xa para finalizar, Raúl nadou os 100 m. costas e, a pesar de non clasificarse para as finais, obtivo un nada despreciablle 15º posto.
Podedes velos resultados con maior detalle na web da Federación.