Este pasado fin de semana celebráronse nas piscinas Rosario Dueñas de Ourense os Campionatos galegos Infantiles de verán.
Os nadadores arzuáns voltaron da cidade das burgas cunha nada despreciable recolección de seis ouros, dúas pratas e dous bronces:
UXIA OROIS colgouse dous ouros e proclamouse, de novo, dobre Campiona Galega, esta vez en 200 e 400 estilos sendo descalificada en 200 bolboreta.
DAVID PAMPIN tamén se proclamou dobre Campión Galego, xa que trouxo dous ouros en 100 e 200 Braza, ademáis dun bronce en 200 Estilos.
MANUEL SEGADE prata, e subcampión Galego, en 400 estilos e un 5º e un 6º postos en 100 e 200 Braza.
GASPAR ANDRADE ouro e Campión Galego en 1500 Libre, prata e Subcampión Galego en 400 libre e bronce en 400 Estilos.
ALFONSO ANDRADE ouro e Campión Galego en 200 Braza, cuarto en 100 Braza e 5º en 200 Estilos.
e BRAIS SENIN 4º en 200 Bolboreta, 5º en 100 bolboreta e 6º en 400 Libre.
No que se refire ós relevos, o equipo masculino acadou o 7º posto en 4X100 estilos, e dous décimos postos en 4X100 e 4X200 libres.
Como sempre, a modo anecdótico, xa que é imposible compararse a equipos cun número moi superior de nadadores, o CN Arzúa acabou a competición nunha meritoria 12ª posición na xeral.
Podedes velos resultados completos na web da competición.