O C.N. Arzúa afrontaba a xornada coa intención de manterse na segunda división á que ascendera facía un ano. As distintas probas desputáronse durante todo o día nas piscinas do Club del Mar de Coruña con tres clubes desputando as dúas prazas de ascenso e por outra banda outros tres decidindo os dous que baixaban a terceira.
O Arzúa participou en desventaxa, pois, inda que na sección masculina sí tiña os doce nadadores que se poden inscribir como máximo, na sección feminina levábamos unha nadadora menos que, ó comezala competición se convertiron en tres por dúas baixas de última hora.
Con este panorama os nadadores arzuáns deixaron a pel na auga gañando moitas das probas e, a pesar de que no intervalo do mediodía se estaba na posición de salvarse, ó final non puido ser e o clube arzuán volta á terceira un ano despois do ascenso, pero lonxe de virse abaixo, xa se está preparando o asalto ó ascenso do vindeiro ano.
Como resumo, dicir que se proclamou Campión o equipo local "Club del Mar" ó que acompañará a vindeira tempada en primeira o Liceo tamén de A Coruña, mantéñense un ano máis na segunda o Portamiñá de Lugo e o Fogar de Carballo/Oleiros (felicidades a todos eles) e descenden a terceira o CN Arzúa e o Redondela.
Como nota positiva, destacar que cada ano se distingue ós mellores nadadores de cada categoría, e este ano o mellor nadador masculilno na segunda división foi JOSÉ RAMÓN REY.
Clasificación final por equipos Segunda División:
Polo título:
C DEL MAR 464
AD LICEO 312
CN PORTAMIÑA 238
Pola permanencia
AD FOGAR 378
CN ARZUA 341
CN REDONDELA 297
Podes velos resultados por probas na sección resultados.