Campionatos Galegos de inverno Infantil e Xunior

Dende este venres e ata o vindeiro domingo vanse celebrar nas piscinas Rosario Dueñas de Ourense os Campionatos Galegos de inverno de Natación en categoría Infantil e Xunior.
En categoría Infantil contaremos con dúas nadadoras e cinco nadadores despois da importante baixa de última hora de Gaspar Andrade que voltou lesionado dos Campionatos de España Infantiles por Comunidades Autónomas.
Gaspar era unha das opcións máis claras de medalla pero terá que esperar ós Galegos de verán xa que nestes intres ten escaiolada a man esquerda.
Así que logo, o equipo infantil estará composto por:
UXÍA OROIS: 200 Estilos, 200 Braza, 200 Bolboreta e 400 Estilos
RAQUEL REY: 400 Libre, 100 Costas, 200 Libre e 200 Costas
DAVID PAMPIN: 200 Estilos, 200 Braza, 200 Costas e 100 Braza
RAÚL RODRIGUEZ: 200 Costas
MANUEL SEGADE: 200 Estilos, 200 Braza, 400 Estilos e 100 Braza
ALFONSO ANDRADE: 400 Libre, 200 Braza, 200 Costas e 400 Estilos
e ROMÁN OROIS: 200 Estilos, 100 Costas, 200 Costas e 100 Libre
Xa en categoría Xunior, o Clube Natación Arzúa vai pelexar só con dúas nadadoras:
ALICIA SENIN: 50 Bolboreta, 200 Bolboreta, 800 Libre e 400 Estilos.
e LIDIA VEIGA: 50 Libre, 50 Bolboreta, 50 Costas e 200 Costas.
Podedes seguila competición aquí.