Campionatos de España Xunior e Infantil

Dende este xoves 28 e ata o vindeiro domingo día 3, vanse celebrar nas piscinas Son Hugo de Palma de Mallorca os XXX Campionatos de España Xunior e os XXXIII Campionatos de España Infantil.
O Clube Natación Arzúa estará representado por tres nadadores infantiles.
Romperá o xeo para os nosos Uxía Orois nadando os 400 estilos o xoves arredor das 10 da mañán, de clasificarse, as finais serían sobre as 5 e media da tarde.
Xa o venres será a quenda de David Pampín que, sobre as 11 e media desputará a proba de 200 m. braza que terá as finais sobre as 6 e media.
O domingo sobre as 11 e media, cerrará a participación arzuana nos Campionatos, Román Orois coa proba de 200 costas, de clasificarse para as finais, estas serían sobre as cinco e media.
Se queres ver tódolos datos da Competición e seguila ó momento, podes consultala na súa web.
Sorte a tod@s.