Terceira xornada da Copa Galega

Acabou a fase preliminar da Copa Galega e, tal e como se agardaba, os equipos "grandes" acadaron a clasificación para a fase de ascenso. LICEO, PORTAMIÑÁ e CLUB DEL MAR xogaranse na final as dúas prazas que dan dereito a participar o próximo ano en primeira división, noraboa ós tres e sorte.
O resto FOGAR, ARZÚA e REDONDELA terán que disputarse nesa xornada a praza que da a permanencia na categoría.
A pesar de que todo acabou como se agardaba hai que destacar que o noso Clube sufreu unha serie de descalificacións, algunhas máis ca rigurosas, que non houberan cambiado a clasificación final, pero que deixaron mal sabor de boca.
Agora só queda agardala xornada final e prepararse para loitar por acadar esa praza que nos manteña nesta categoría un ano máis.
O resultado desta xornada foi:
  1. C. NAT. PORTAMIÑA LUGO....290,0  
  2. AGRUP. DEP. LICEO.............256,0  
  3. C. DEL MAR SAN AMARO.......245,0  
  4. AGRUP. DEP. FOGAR............205,0  
  5. C. NATACION ARZUA.........180,0  
  6. C. NAUTICO REDONDELA......117,0
o que deixa a Clasificación final así:
  1. C. DEL MAR SAN AMARO.........18,0
  2. C. NAT. PORTAMIÑA LUGO......15,5
  3. AGRUP. DEP. LICEO...............13,0
  4. C. NATACION ARZUA.............9,5
  5. AGRUP. DEP. FOGAR................7,0
  6. C. NAUTICO REDONDELA..........3,0
Podes consultalas probas e máis polo miúdo na sección Resultados.