![]() |
Impresionante ambiente |
Acaba o ano e con el as competicións, este fin de semana celebrouse nas piscinas do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago o CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO DE INVERNO.
O Clube Natación Arzúa desprazaba nove nadadores, dos que só José Ramón Rey era de categoría absoluta, Lidia Veiga, Gaspar Andrade, Brais Senín, Román Orois, David Pampín, Raquel Rey, Alfonso Andrade e Uxía Orois participaban xa que tiñan as mínimas requeridas inda que non eran absolutos, co cual se enfrontaron a nadadores moito máis vellos ca eles.
De entre os resultados acadados destaca que José Ramón Rey se quedou en 50 e 100 braza coa mel nos beizos ó rematar en ámbalas dúas probas no cuarto posto, xusto o seguinte ás medallas.
Alfonso Andrade bateu o record galego de 13 anos en 200 costas con 2:24.37.
Uxía Orois acadou a mínima para os campionatos de España na proba de 400 estilos.
Pero a gran alegría destes campionatos veu da man de Gaspar Andrade que acadou a medalla de praza na proba de 1500 m. libres co que se proclamou Subcampión Galego Absoluto a pesar de ser moito máis novo ca, por exemplo, o gañador que era 6 anos maior.

A modo anecdótico destacar que o C.N. Arzúa rematou no posto 16 nunha xeral que gañou o C.N. Galaico de Pontevedra, seguido de Coruña e Ferrol.
Podedes consultar tódolos resultados da Competición na súa web.