Segunda xornada da Copa Galega de Clubes en Redondela

Este sábado pola tarde, vanse celebrala segunda xornada da Copa Galega de Clubes.
A piscina Álvaro Pino da localidade pontevedresa de Redondela, será o escenario da competición na Segunda División, na que o noso Clube, despois do bo resultado da primeira xornada, agarda, cando menos, manterse entre os catro primieros.
Unha vez máis compartiremos competición cos equipos de:
A.D. Fogar (Carballo)
C.N Portamiñá (Lugo)
Club del Mar San Amaro (Coruña)
A.D. Liceo (Coruña)
e C.N. Redondela (Redondela)
A 3ª e última xornada da primeira fase será o día 26 de Xaneiro nas piscinas de Frigsa en Lugo.
Logo haberá unha xornada final donde se decidirán os dous ascensos a primeira e os dous descensos a terceira.
Para a competición de este sábado en Redondela, sairá un autobús de diante da piscina a partir das tres menos cuarto, para apuntarse está habilitada, coma sempre, unha lista no taboleiro que o clube ten na piscina.
Podes consultalas series na sección convocatorias.