Colgados os últimos resultados da Copa e do Máster

Xa están colgados os resultados correspondentes á 2ª xornada preliminar da Segunda División da Copa Galega de Clubes celebrada o sábado 17 nas piscinas Álvaro Pino de Redondela, onde o CN Arzúa acabou terceiro despois de algunha que outra descalificación moi rigurosa.
O resultado desta xornada por puntos foi:

1 C. DEL MAR SAN AMARO
2 C. NAT. PORTAMIÑA LUGO
3 C. NATACION ARZUA
4 AGRUP. DEP. LICEO
5 AGRUP. DEP. FOGAR
6 C. NAUTICO REDONDELA

Só queda a última xornada a disputar en xaneiro en Lugo onde se decidirá si estamos entre os tres primeiros que se xogarán as dúas prazas de ascenso, ou os tres últimos que se xogarán a praza do clube que se salva e seguirá a tempada que ven na mesma categoría.
Dificil empresa para os arzuáns que terán que dar o 120% nesa última xornada, xa que o equipo de Lugo quedou segundo nesta xornada e nos adiantou na xeral na que agora somos cuartos.
Así está a clasificación a día de hoxe.

1 C DEL MAR 14
2 CN PORTAMIÑÁ 8,5
3 AD LICEO 8
4 CN ARZÚA 7,5
5 A.D. FOGAR 4
6 CN REDONDELA 2

Tamén colgamos os resultados da 1ª xornada da Liga Máster que se desputou nas piscinas Bergantiños de Carballo o pasado domingo día 18.

Todos estos resultados podes consultalos na sección Resultados.