XVII Campionato de España de Primavera

O nadadores do Club Natación Arzúa, José Ramón Rey e Gaspar Andrade van participar  entre os días 19 e 22 de marzo nos XVII CAMPIONATOS DE ESPAÑA "OPEN" ABSOLUTOS DE PRIMAVERA que se van levar a cabo nas piscinas olímpicas Carles Ibars do Centro de Sports Can Llong de Sabadell (Barcelona).
Agárdase que nesta edición o campionato sexa do máis competido, xa que as grandes figuras masculinas e femininas da natación nacional se van xogar a súa participación nos Xogos Olímpicos de Brasil e porque, ó ser un torneo aberto (Open), tamén particiárán grandes nomes da natación internacional.
Centrándonos nos nadadores arzuáns, dicir que José Ramón vai competir nos 50 m braza, mentres que Gaspar Andrade o fará nos 400, 800 e 1500 libres.
Se queredes seguir o transcurso do campionato, podédelo facer na súa páxina oficial.