Resultados dos Campionatos Galegos Absolutos de inverno

CINCO MEDALLAS E CATRO MELLORES MARCAS GALEGAS DE IDADE (MMG) FOI O RESULTADO DO CLUB NATACIÓN ARZÚA NO CAMPIONATO ABSOLUTO GALEGO DE NATACIÓN DE INVERNO, PISCINA DE 25 M.
Os resultados dos nadadores do club que acadaron mínimas absolutas foron:
Raúl Segade Mariño, tivo unha moi destacada actuación neste campionato: na posta de 50 costas, da remuda do 4x50 estilos, bateu a MMG de 15 anos (00:27,79) ; en 200 estilos quedou 8º (02:12,72); en 100 costas quedou 5º (00:59,86); no 50 costas, 5º de novo, volveu a bater a MMG de 15 anos (00:27,64); no 200 costas quedou 6º batendo outra MMG de 15 anos (02:09,24).
Iris Sanmiguel Taboada, no 50 libre, quedou 10ª batendo a MMG de 13 anos (00:28,01). Iris lesionóuse nesta mesma proba impedíndolle participar en máis probas; de non ser pola lesión, estamos seguros, houbera feito algunha outra MMG, xa que o seu estado de forma é fenomenal.
Lorena Pereiro Freire, tamén de 13 anos, na proba de 50 libre feminino, quedou 27ª, baixando dos 30 segundos, cun moi bo tempo de 00:29,46.
Gaspar Andrade Budiño, no 400 libre foi medalla de bronce cun tempo de 04:01,03; no 1500 libre foi subcampión galego, medalla de prata cun tempo de 15:38,61; no 800 libre tamén subcampión galego, medalla de prata cun tempo de 08:14,58; e no 400 estilos, 5º (04:36,07).
José Ramón Rey Rodríguez, no 200 braza quedou 9º (02:28,35); no 50 braza foi subcampión galego, acadando a medalla de prata cun tempo de 00:29,59; e no 100 braza foi medalla de bronce cun tempo de 01:05,56.
David Pampín Iglesias, no 200 braza quedou 12º (02:28,88); no 50 braza, 17º (00:32,32); no 100 braza, 17º (01:09,08). 
Alfonso Andrade Budiño, no 400 libre quedou 28º (04:23,97); no 100 costas 19º (01:04,41) e no 200 costas 28º (02:19,88).
Manuel Segade Curros, no 100 bolboreta quedou 14º (01:00,75); no 200 bolboreta 10º (02:15,72) e no 100 libre 27º (00:56,75).
Nas remudas masculinas quedaron: 7º no 4x50 estilos; 7º no 4x200 libre; 10º no 4x100 libre; 10º no 4x50 libre e 8º no 4x100 estilos.

¡¡¡ NORABOA !!!!