Resultados dos Campionatos Galegos Infantiles de verán

Durante esta fin de semana, viñéronse desputando nas piscinas "Rosario Dueñas" do Pabellón de "Os Remedios" de Ourense, os Campionatos Galegos Infantiles de verán.
O Clube Natación Arzúa voltou cunha boa cantidade de medallas e mínimas para os Campionatios de España que se celebrarán do 3 o 6 de Agosto nas piscinas Can Llong de Sabadell.
Na xornada do sábado:
LORENA PEREIRO: BRONCE en 100 braza e BRONCE en 50 libres que tamén é  mínima para os Españois.
IRIS SANMIGUEL: OURO e Campiona Galega en 50 libres e 100 costas.
ALFONSO ANDRADE: BRONCE en 200 costas e PRATA e Subcampión Galego en 100 costas.
MANUEL SEGADE: PRATA e Subcampión Galego en 200 bolboreta.
RAÚL SEGADE: PRATA e Subcampión Galego en 200 costas e en 100 costas.
JOSÉ MANUEL ESTRADAS: 7º en 50 libres.
E xa na xornada do domingo:
MANUEL SEGADE: PRATA e Subcampión Galego en 100 libres e BRONCE en 100 mariposa
RAÚL SEGADE: PRATA e Subcampión Galego en 100 libres
IRIS SANMIGUEL: OURO e Campiona Galega 100 libres
LORENA PEREIRO: 4º en 200 libres pero mínima para ir ao Campionato de España.
Nos relevos, o equipo masculino acadou un 5º e un 6º posto.
A pesar de só desprazar seis nadadores, o Clube Natación Arzúa acabou nun impresionante 9º posto de 19 equipos, superando a clubes moi superiores e de cidades moito máis grandes.
Todos os resultados na web do campionato.