Resultados dos Campionatos de España Absoluto e Xunior de verán 2015

Esta fin de semana desputáronse nas piscinas Picornell de Barcelona os Campionatos de España de Natación de Verán nas categorías Absoluto e Xunior.
Ata a cidade Condal o Clube Natación Arzúa desprazaba a Gaspar Andrade e José Ramón Rey que acadaron os seguintes resultados:
Gaspar Andrade foi finalista nas seguintes probas da categoría junior: 4º na proba de 1500 m libre cun tempo de 16:02,05; 8º na proba de 400 m estilos cun tempo en eliminatorias de 04:46,82 e tamén 8º en 400 m libre cun tempo en eliminatorias de 04:05,82. Tamén na categoría junior quedou 27º na proba de 200 m libre cun tempo de 01:59,12 e finalmente na proba de 800 m libre, que solo se desputa como absoluto, quedou no posto 12º cun tempo de 08:27,34.
José Ramón Rey acadou o posto 27 na categoría absoluta cun bo tempo de 00:30,10.
Toda a info pola miúdo na web do campionato.