Resultados Galegos de verán Máster

Este domingo desputouse nas piscinas do Complexo Rías Baixas de Pontevedra o Campionato Galego Máster de Verán de natación.
O Clube Natación Arzúa desprazaba as terras do Lérez unha expedición composta por cinco nadadoras e catro nadadores que se trouxeron a nada desprezable cantidade de sete medallas individuais e unha en relevos, repartidas do seguinte xeito:
David Canoura foi bronce en 200 libres.
Santiago Fernández, fíxose con dous ouros e proclamouse dobre campión galego en 50 bolboreta e 100 costas
Manuel Villar, bronce en 100 libres.
Natalia Sánchez, prata e, polo tanto, subcampiona galega en 100 libres.
e Ana Marcos, Ouro e campiona galega en 50 braza e prata e subcampiona galega en 100 libres.
Tamén houbo premio nos relevos, xa que as compoñentes do equipo femenino de 4x50 estilos, formado por Natalia Sánchez, Sandra Lavandeira, Ana Marcos e Ana García, se colgaron a prata e se proclamaron subcampionas Galegas de dita modalidade.